CRTVG

Buscar

Volve 'Actualizad@s' buscando respostas aos temas de actualidade

Publicado o 17/02/2020 15:17

Galicia non é allea aos temas de máis actualidade. Nun mundo cada vez máis globalizado, algo que ocorre a miles de quilómetros ten o seu eco na nosa sociedade galega e, precisamente para coñecer como a actualidade mundial afecta o noso país, chega esta noite Actualizados á Televisión de Galicia.

"É un programa de reportaxes, no que intentamos tratar un tema de actualidade moi pegado aos temas que se falan na rúa, nos bares, nos fogares", di Brenda Vázquez, reporteira de 'Actualizad@s'.

Brenda achéganos en Actualizados os datos máis obxectivos e as opinións dos expertos. Elena Portela será a encargada de presentarnos os protagonistas desa actualidade.

"O meu papel é saír á rúa, percorrer media Galicia para darlles voz aos protagonistas, que dalgún xeito se vexan involucrados no tema que estamos a tratar", comenta Elena.

No programa desta noite, Actualizados achégase a un dos temas máis candentes do momento, o coronavirus. Estamos preocupados os galegos? Sabemos a que nos enfrontamos? Olaya Rivas estará para darnos a coñecer a opinión da xente na rúa.

"Ao final o boca a boca, mesmo estando nun bar, no ximnasio, todo o mundo está falando do coronavirus, e, claro, é un tema que está na rúa, e por suposto que nos preocupa", Olaya Rivas, reporteira de 'Actualizad@s'. 

Todas as respostas, esta noite, con Actualizados, na Televisión de Galicia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020