CRTVG

Buscar

Regresa a Liga e volve o fútbol aos bares

Publicado o 11/06/2020 15:21

Non había bar sen a alegría desbordada dos goles, nin na ficción nin na antiga realidade. Era máis que compartir a afección por un deporte. Era o ritual, os nervios, a tensión, a alegría e as apertas entre amigos ou descoñecidos.

Hoxe o fútbol volve aos bares, quedan 11 xornadas de Liga e máis de 200 partidos. A paixón seguirá intacta para os máis de 6 millóns de afeccionados que vían habitualmente o seu equipo no bar. Pero imaxes coma esta serán imposibles de momento. Hostaleiros e clientes teremos que afacernos a novos rituais. 

Con capacidade limitada, os bares teñen que facer contas para ver se lles compensa económicamente. Pero intentarán darlle vida ás bancadas baleiras dos estadios. Non será doado hoxe, por exemplo, para a afección de Sevilla, que ten hoxe o seu derbi. Os bares que rodean o Sánchez Pizjuán prepáranse para esta noite. Algúns con reservas previas. Mentres, a canle autorizada para emitir fútbol en locais públicos impulsa a volta aos bares coa campaña "Saímos a remontar".

Noticias web

11/06/2020