CRTVG

Buscar

Volve a chuvia a Galicia antes dunha fin de semana solleira

Publicado o 08/01/2020 14:29

As nubes, a chuvia e o frío acompañarán a todos os galegos e galegas ata o remate da semana. Para a fin de semana espérase melloría, pero, polo de agora, non esquezan coller o paraugas e o abrigo antes de saír da casa.

A pesar de que esta situación atmosférica é a propia da estación do ano en que estamos, hai a quen o mal tempo o pillou por sorpresa despois da tregua que deu o sol nos últimos días.

Coa chegada da chuvia e do frío, tamén chega o aumento das gripes e as catarreiras. Algúns afirman abrigarse abondo para combater os virus, pero para outros o inverno e o mal tempo son sinónimos de constipado.

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso. As máximas non sufrirán cambios significativos. Na costa galega, a situación marítima complicarase dende este serán, deixando avisos de carácter amarelo que pasarán a ser de carácter laranxa a partir de mañá e ata a primera hora do venres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2020