CRTVG

Buscar

Vixilia polo pasamento da xuíza Ruth Bader Ginsburg en cidades estadounidenses

Publicado o 20/09/2020 09:54

Miles de persoas reuníronse fronte á Corte Suprema de Estados Unidos, en Washington, e tamén na cidade de Nova York, por segunda noite consecutiva, para honrar á defunta xuíza Ruth Bader Ginsburg, que morreu o pasado venres aos 87 anos.

Flores, cirios e palabras en homenaxe a unha muller que defendeu a igualdade entre homes e mulleres e os sectores menos favorecidos pola sociedade.

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, afirmou que agarda designar esa semana ao seu candidato para ocupar a vacante deixada pola xuíza, e que seguramente será unha muller.

Noticias web

20/09/2020