CRTVG

Buscar

Viveiro e Ferrol queren manter vivo o espírito da Semana Santa, aínda que sexa de xeito virtual

Publicado o 06/04/2020 15:56

A Semana Santa leva celebrándose ininterrompidamente desde o século XIII en Viveiro e desde hai máis de 400 anos en Ferrol. As dúas teñen a consideración de Festa de Interese Turístico Internacional. Nin o mal tempo nin sequera a invasión francesa puido con elas; pois, cando foi preciso, resolvéronse as prohibicións co traslado das procesións ao interior dos templos e houbo algunha que outra cancelación por chuvia. Pero este ano, todo é diferente. 

Desde a Xunta de Confrarías de Viveiro e Ferrol queren manter vivo o espírito desta celebración, aínda que sexa dun xeito virtual, e retransmiten a través das redes sociais as procesións de anos anteriores, cada unha no día e hora correspondente. Deixan tamén a porta aberta á celebración dalgún evento en setembro e outubro e traballan xa para a Semana Santa de2021, que se desenvolverá entre o 28 de marzo e o 4 de abril. Mentres, as rúas baleiras e as imaxes quedas, todos agardando tempos mellores. 

 

Noticias web

06/04/2020