CRTVG

Buscar

Vitoria agónica do Breogán e derrota do Marín

Publicado o 20/10/2019 12:10
Dispútase a cuarta xornada na LEB Ouro

Ata a última décima non estivo definido o triunfo do Leite Río Breogán diante dun competitivo Alacante. O partido tivo sempre alternativas. Máis 11 para os celestes no primeiro cuarto, a mesma diferenza para os alacantinos no segundo. Un magnífico retorno do descanso con defensa, transicións e triplas parecía asegurar o triunfo galego. Pero un home, Justin Pitts, prolongou a incerteza cunha actuación de luxo. O base do Alacante foise ata os 32 puntos con triplas inverosímiles. Tivo o último balón pero sen tempo. Así chegou a descarga de tensión breoganista, quizais excesiva neste momento temperán da campaña. Así, Diego Epifanio, o  odestrador do Leite Río Breogán recoñeceu que "Creo que necesitamos liberarnos un pouco da ansiedade que temos porque cada canastra parece un gol e nós o que temos que facer e traballar pouco a pouco para tentar mellor e quitarnos a ansiedade que nos pesa un pouco".

Terá que agardar, porén, o primeiro triunfo do Marín Peixe Galego. A cita diante do recén descencido Guipúscoa era complicada pero o equipo pontevedrés competiu moi ben ata o intermedio. Daquela cedía por un único punto. O Guipúscoa marcou diferenzas xa definitivas no terceiro cuarto.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019