Visto para sentenza o xuízo por contrabando de tabaco en que están acusados tres gardas civís
Publicado o 17/01/2020 14:35
Este venres celebrouse a última xornada do xuízo contra os axentes da Gardia civil de Marín e os dous empresarios de Vigo acusados de supostamente finxir o envío de lotes de tabaco libres de impostos a 21 buques.
Foron cinco xornadas de toma de declaración ós acusados, incluída unha auxiliar administrativa, e as testemuñas entre as que se atopaban armadores e mesmo membros de aduanas. A Fiscalía acúsaos de ser os supostos autores dun delicto de contrabando de tabaco e xerarlle un fraude a Facenda de dous millóns de euros. Piden para os tres gardas civís cinco anos de cadea e catro para os dous empresarios de Vigo.