CRTVG

Buscar

Visitamos a primeira casa da provincia de Lugo que aspira a ter o certificado Passivhauss

Publicado o 04/08/2020 15:03

A casa está feita en madeira, que queda á vista nalgunhas partes. É un material que se adapta ás esixencias das construcións con certificado Passivhauss. Vivendas que case non precisan abastecemento enerxético para garantir a temperatura e a humidade ideais.

Adolfo Montero, director técnico de Madeiras Besteiro: "Ten un control hidrotérmico o propio material que se hai exceso humidade, xa co sistema de ventilación hai regulación, pero a madeira é quen de coller ese exceso e soltalo cando o ambiente é seco. Entón é unha conxunción perfecta".

Este sistema de construción, segundo aseguran, adáptase moi ben ás condicións ambientais de Galicia.

Jorge Gómez, arquitecto: "Adáptase perfectamente e a estrutura de madeira tamén. Se podemos aproveitar a madeira para facer construción e pechar o ciclo que podemos producir aquí sería perfecto".

O conselleiro de Economía en funcións insistiu nesta idea durante a visita á vivenda.

Francisco Conde, conselleiro de Economía en funcións: "É un reto para Galicia dar o salto cualitativo desde o punto de vista do que significa a construción de madeira, da xeración de valor, pero tamén de dispoñer aquí de vivendas eficientes"

A casa, situada en Outeiro de Rei e promovida por Madeiras Besteiro, superou con éxito as primeiras probas e agardan que axiña se converta na primeira da provincia de Lugo co certificado Passivhauss.

Noticias web

04/08/2020

Máis sobre actualidade