CRTVG

Buscar

Visións diverxentes de Margarita Robles e García Egea sobre os cambios na Garda Civil

Publicado o 30/05/2020 14:32

A ministra de Defensa, Margarita Robles, considera que o compromiso da Benemérita coa democracia e a Constitución é "inequívoco". O xornal El País destaca esta declaración súa en portada: "Na Garda Civil non hai risco de insubordinación". Ademais, considera que os cidadáns están a pedirlles aos políticos que "deixen a confrontación" e rexeita calquera risco de involución.

Margarita Robles indica tamén que a Benemerita sabe que "ten que cumprir as ordes do Goberno" nun marco democrático. En relación co ministro de Interior, García-Marlaska, limítase a sinalar que non lle compete avaliar as súas decisións.

Mentres, o número dous do PP, García Egea, afirmaba hoxe en Murcia que o Goberno ataca a independencia xudicial a función da Garda Civil como policía xudicial.: "O ataque e a purga na Garda Civil foi por investigar o 8 de marzo. O 8 de marzo é esa pantasma que persegue e atormenta o Goberno. É o tema tabú. É a cima e a sima de Pedro Sánchez. Un goberno que cesa a quen cumpre a lei é un goberno acabado, unha democracia ameazada".

Egea dixo tamén que o goberno de Sánchez acadou "límites inaceptables" esta semana na súa "deriva autoritaria".

Noticias web

30/05/2020