CRTVG

Buscar

Visibilizar as enfermidades raras, obxectivo do documental 'Idénticas'

Publicado o 18/03/2019 17:16

Visibilizar as enfermidades raras e demandar máis recursos para investigalas é o obxectivo do documental Idénticas, onde o cineasta Luís Avilés narra a historia de dúas irmás xemelgas afectadas por heteroplasia ósea progresiva. A fita, premio Mestre Mateo deste ano a mellor documental, exhibiuse hoxe no Hospital Clínico de Santiago.

O pai de Cayetana e Celia facía entrega este mércores de 30.000 euros destinados á investigación de enfermidades como a que padecen as súas fillas. A heteroplasia ósea progresiva provoca que as partes brandas do organismo se transformen en óso, o que inmobiliza progresivamente o corpo.

A investigación é o primeiro obxectivo da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva constituída hai tres anos. O segundo é que se visibilice esta e outras enfermidades raras, algo ao que de seguro contribuíu Idénticas, gañador do premio Mestre Mateo 2019 ao mellor documental.

O documental proxectouse este mércores no Hospital Clínico de Santiago, onde atenden estas pequenas e onde se investiga esta enfermidade.


 

Noticias web

18/03/2019