CRTVG

Buscar

Virginia Fernández, dermatóloga: "As uñas son un elemento importante para o diagnóstico doutras enfermidades"

Publicado o 30/12/2019 10:56

As modas, ás veces, traen novos riscos á nosa saúde. Emulamos referentes sociais do mundo da moda, e non avaliamos os riscos. É o caso da manicura permanente ou as tatuaxes. Virginia Fernández, dermatóloga e membro da Academia de Dermatoloxía, explica cales son eses riscos.

"Algúns produtos como os esmaltes permanentes ou semipoermantentes poden conter acrilatos, que producen con facilidade alerxias", asegura a doutora Fernández. "Tamén se usan en adhesivos de pestanas postizas ou extensións do cabelo. É importante coñecer sempre a composición dos produtos".

"Os profesionais de estética deben traballar con proteción porque poden verse afectados tamén polos produtos químicos dos produtos. Poden producirlles asma, dermatites, entre outras enfermidades".

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019