CRTVG

Buscar

Violento asalto a unha casa habitada en Lalín

Publicado o 05/03/2020 13:26

A dona deste estanco de Lalín e o seu fillo están aterrorizados tras o violento asalto que sufriron no seu domicilio o luns pola noite. A señora pechou o negocio e subiu a cear contra as dez. O fillo chegara un pouco antes e xa estaba na cama.

Non imaxinaban que tiñan os delincuentes dentro da casa. Dous individuos vestidos de escuro e coa cara cuberta con pasamontañas sorprenderon a muller no comedor. Cando o fillo acudiu alertado polos berros, ameazárono e logo atáronos os dous.

Aos habitantes da casa fixéronselles eternas as dúas horas que os retiveron os asaltantes, mentres xuntaban o botín: as xoias da muller e a recadación da xornada do estanco. Axentes da Policía Xudicial recolleron algúns obxectos para tratar de identificar os ladróns, que se supón que accederon á vivenda gabeando pola estrutura dun transformador eléctrico situado na parte de atrás do edificio.

Noticias web

05/03/2020