CRTVG

Buscar

Vinte e dous expertos elixen os mellores viños na Cata Rías Baixas Albariño

Publicado o 30/07/2020 15:28

Hai 32 anos que se fai Cata Concurso Rías Baixas Albariño. Todo un exercicio sensonrial e técnico co que os expertos escollen os mellores viños da última anada. É un dos actos que mantén o Consello Regulador nestes momentos tan complicados.

A cata forma parte da orixe da celebracion do Albariño. De feito, todo comezou no anos 50, cando dous bodegueiros, Quintanilla e Zarate, se retaron para comprobar quen facía o mellor albariño.

Estas imaxes son da cata nos anos 80. A rivalidade era a mesma, pero a calidade dos viños non. Daquela non existía o Consello Regulador da Denominación de Orixe.

Neste 2020 son 46 marcas as que compiten por ser as mellores da anada 2019. Hoxe os 22 expertos que compoñen o chamado panel de cata fixeron unha primeira selección con boas expectativas.

Mañá celébrase tamén no Salón Bazán do Parador de Cambados a Cata Derradeira da que sairán as tres marcas premiadas que se farán públicas o domingo. Pero de momento xa aprendemos moitas cousas do albariño destes anos.

E todo iso dentro dunha copa de albariño.

Noticias web

30/07/2020