CRTVG

Buscar

Vilanova de Lourenzá fai alarde da súa faba

Publicado o 06/10/2019 17:05

Vilanova de Lourenzá fai alarde da súa faba, cunha festa dedicada a este produto.

Hai postos de venda nos que se poden adquirir por un prezo que vai desde os catro aos doce euros. As fabas de Lourenzá gozan de Indicación Xeográfica Protexida e caracterízanse por ser moi carnosas e teñen varias variedades, como a verdina, tamén moi apreciada. Na festa tamén se poden degustar. A organización preparou ata mil duascentas racións. A feira, que este ano alcanzou a vixésimo novena edición, atrae a moitos visitantes de toda Galicia e mesmo de fóra, que acoden atraídos pola sona desta legume.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2019