Vigo suma 2.200 denuncias e unha decena de arrestos por saír sen xustificación
Publicado o 13/04/2020 14:17
En Vigo, o número de denuncias por saír á rúa sen xustificación segue en ascenso. Dende o 16 de marzo houbo máis de 2.200 e unha decena de arrestos. Entre eles algúns bastante rechamantes, como o que tivo lugar nas últimas horas. Un home foi sorprendido pola Policía Local de madrugada na travesía de Vigo sentado nun banco. A pesar dos requirimentos dos axentes, negábase a regresar ao seu domicilio, porque, segundo dicía, simplemente estaba canso de estar na casa. O detido non presentaba síntomas de embriaguez nin de que consumira drogas.
Máis sobre Vigo
04/03/2021 16:59
02/03/2021 21:26