CRTVG

Buscar

Vigo, sen xente nas rúas e Samil en silencio

Publicado o 19/03/2020 14:46

Só se escoita o mar nin o bulicio da xente nin o ruído dos coches aos que estamos habituados en Samil. É a imaxe dunha das zonas que concentra a maior número de persoas nunha xornada festiva e solleira na que nos achegamos os vinte graos de temperatura. Toca estar na casa e levalo o mellor posible.

Nos balcóns e ventás, nenos que xogan e xente que busca entreterse ou tomar o aire. Outros aproveitan para facer a limpeza que tiñan pendente.

Tamén as rúas amosan esta imaxe deserta case de ciencia ficción.

Outra xornada de confinamento que Vigo vive con tranquilidade e sen incidencias.

Noticias web

19/03/2020