CRTVG

Buscar

Vigo, primeiro concello da área sanitaria pechado

Publicado o 30/10/2020 15:08

Vigo é o primeiro concello da área que terá que confinarse e limitar a mobilidade e as reunións. A razón son os seus numerosos casos activos e unha curva de contaxios en pleno crecemento.

O concello de Vigo é o máis afectado da área. Mantense en nivel vermello dende hai días. Actualmente, con máis de 1.700 positivos, Vigo convértese na área sanitaria con máis casos activos de toda Galicia.

Noticias web

30/10/2020