CRTVG

Buscar

Vigo perde 378 prazas diarias da conexión con Barcelona que facía Ryanair

Publicado o 01/04/2019 19:38

O aeroporto de Vigo convértese nun dos peor comunicados con Barcelona despois do cesamento desta liña. A única compañía que efectuará esta viaxe será Vueling con un ou dous avións como máximo ao día nun e noutro sentido. As opcións que teñen agora os viaxeiros serán A Lavacolla, en Santiago de Compostela ou o Sá Carneiro, en Portugal. A saída de Ryanair de Vigo prodúcese tras o desencontro co Concello de hai un mes. Os pasaxeiros demandan unha liña aérea que lles permita saír de Vigo. E lamentan a perda de competitividade nos negocios de terse que desprazar.

O PP de Vigo di que lle urxe un xiro á política aeroportuaria de Peinador para que se restablezan as conexións con Madrid e Barcelona, que agrupan o 90% dos tráficos. O alcalde explicou que o convenio que Ryanair presentou ao Concello vigués era inasumible porque a compañía non se comprometía a voar desde Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019