CRTVG

Buscar

Vigo contará cun segundo covid-auto para reducir os atascos no Meixoeiro

Publicado o 16/09/2020 15:03

Vigo contará esta semana cun segundo covid-auto para acabar cos colapsos que se están a producir no hospital do Meixoeiro. Aínda se está a valorar o seu emprazamento, pero podería situarse no hospital Álvaro Cunqueiro.

A área sanitaria de Vigo tomou esta decisión debido ao trastorno do persoal e dos pacientes que estes días están sufrindo enormes colas. A previsión é que con vistas ao outono se poderían incrementar as probas para diagnosticar a Covid-19.




 

Noticias web

16/09/2020