CRTVG

Buscar

Vigo comeza a utilizar plasma dos doentes curados

Publicado o 02/04/2020 15:09

O servizo de Hematoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo vai poñer en marcha unha nova terapia contra o coronavirus.

No hospital Álvaro Cunqueiro prepáranse para atopar os doantes ideais de plasma: persoas infectadas que desenvolveron a enfermidade COVID-19 e a deron vencido, presentando inmunidade contra o virus con altas taxas de anticorpos.

A posta en marcha desta terapia para axudar os pacientes coa COVID-19 activa susténtase nun informe recente da Organización Mundial da Saúde en que se afirmaba que os primeiros resultados co uso de plasma de convalencentes demostraban que era un tratamento potencialmente útil contra a enfermidade provocada polo coronavirus.

Noticias web

02/04/2020