CRTVG

Buscar

Vigo acolle o campionato nacional de baristas

Publicado o 16/05/2019 20:57

Vigo ten aroma de café durante esta ponte. Os mellores baristas están na cidade olívica participando no Fórum Café. Ademais do campionato de baristas hai outras competicións arredor do café,  como o Aeropress, onde se premia o mellor especialista en preparar o café con este innovador sistema ou o campionato de cata.

O obxectivo deste campionato é promover a cultura do café, o consumo de calidade e prestixiar a figura do barista. Os expertos recomendan tomar o café con pouco azucre.

 

Noticias web

16/05/2019