CRTVG

Buscar

A Xunta e sector do mar alertan de que la lei de Cambio Climático pon en risco un cento de empresas

Publicado o 09/06/2020 14:50

A nova lei do Cambio Climático que aprobou o Consello de Ministros preocupa a industria que está situada na costa galega.

Son depuradoras, confrarías, conserveiras e empresas acuícolas, unhas cen empresas que empregan unhas 3.000 persoas, e que temen non poder seguir producindo como ata agora. Hoxe reuníronse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

“Basicamente pedimos que impere o sentido común”, aseguraba Roberto Fariña, da Asociación Galega de Depuradoras, “que se recoñeza a realidade socioeconómica de Galicia e da que viven moitos muncipios costeiros”.

O presidente da Xunta pensa que o Goberno central usa un artigo da lei de Cambio Climático en pleno estado de alarma, para modificar a lei de Costas, e para reducirlles as concesións por simple prexuízo. “Non coñecen o sector mar-industria. Teñen apriorismos sobre este sector e non podemos ver como se destroza o sector máis importante da Unión Europea na rexión máis importante da pesca e a conserva de toda a Unión Europea, aproveitando un estado de alarma e unha lei que nada ten que ver coa costa. Hai unha falta de seguridade xurídica evidente”, afirmaba Núñez Feijóo.

Núñez Feijóo di que o seu goberno chegará a onde sexa preciso para evitar o desmantelamento dun sector estratéxico.

Noticias web

09/06/2020