CRTVG

Buscar

Víctor Salgado, avogado especializado en dereito en TIC: "O sistema electoral é robusto fronte aos ciberataques"

Publicado o 07/11/2019 12:07

Falamos do papel das redes sociais, de Internet, en toda a campaña e especialmente no relacionado con Cataluña. Falamos de ciberseguridade con Víctor Salgado.

"Xa non podemos falar dun mundo real e un mundo cibernético, todo está interrelacionado e o mundo virtual está presente no día a día".

"O sistema electoral é robusto fronte aos ciberataques, pode haber un atraso no escrutinio, pero os resultados definitivos non corren perigo".

"Poden intentar atacar os sistemas centralizados de información. Poden alterar os resultados, pero é moi implicados polos altos controis de prevención que existen".

"Calquera tipo de persoa con acceso a Internet pode emprender un ciberataque. Os sistemas organizados poden facer moito máis dano. Desgraciadamente as ferramentas están a disposición de calquera persoa, de distinto perfil".

"Hai un análise de riscos das infraestruturas críticas cun plan de prevención. Non hai risco cero, pero podemos restablecer os sistemas de xeito áxil".

"Pódense bloquear servizos para o común dos mortais, pero é imposible poñerlle portas ao campo. Hai paraísos cibernéticos desregularizados, que non se poden controlar nun mundo globalizado".

"O novo real decreto-lei vai encamiñado a controlar servidores en España. Pero hai dúbidas sobre a súa constitucionalidade, porque hai medidas, como o peche de webs, que merecen un control xudicial".

"O ciberdelincuente pode ter obxectivos políticos, como xerar caos, prexudicar a credibilidade das institucións. Pero pode haber outros moitos intereses como a vendas dos nosos datos".

"O Código Penal establece penas de ata sete anos de prisión para os delitos máis graves. Calquera tipo de tropelía está contemplada".

"Calquera ataque contra as administracións é un ataque contra os datos da cidadanía".

"O móbil é unha porta máis á nosa vida privada. Debemos ter a mesma preocupación que no mundo real. Hai ter coidado cunha información que pode ser pública".

"A nivel privado debemos tomar precaucións, cun contrasinal que sexa o suficientemente complicado para que non se poida deducir. O máis empregado no mundo é 123456. Botar man do dobre chequeo, pegada dixital, etc".

"Podemos estar sendo vítimas dun delito sen sabelo. Unha fraude é menos frecuente, pero si o tráfico cos nosos datos".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019