Viana do Bolo vive o seu día grande, con folións, boteiros e carrozas
Publicado o 03/03/2019 17:37
Unha das vilas máis visitadas neste domingo de Entroido é Viana do Bolo, onde viven o seu día grande este domingo. Folións, boteiros e carrozas percorren as rúas de Viana do Bolo, no día grande do seu Entroido, o chamado domingo gordo. Unha festa declarada de interese turístico galego.