CRTVG

Buscar

Verstappen racha a hexemonía de Mercedes

Publicado o 09/08/2020 21:23


Max Verstappen celebraba a primeira vitoria do ano, e moi preto Hamiltton e Bottas conversaban. Falaban de neumáticos. Das bochas que lles apareceron aos Mercedes. Desgaste de rodas, sobrequecemento, menos agarre, menos velocidade. De todo iso vai esta historia do triunfo de Verstappen

A Hamilton e Bottas avisábanlle que as rodas ían en situación crítica.

A Verstappen pedíanlle calma. E deixou a frase do ano: "Amigos, esta é a única oportunidade que teño de estar preto dos Mercedes. Non estou sentado detrás como unha avoa"

A clave da vitoria estivo nos neumáticos duros de Red Bul, na estratexia de equipo e na ambición de Verstappen que sorprendeu a Mercedes .

Foi a primeira vitoria no 2020 para Verstappen,

Verstappen primeiro, Hamilton segundo. É a primeira vez esta temporada que non gaña Mercedes. Outra historia é a clasificación do Mundial: Hamilton, líder, con 30 puntos sobre Verstappen.

 

Noticias web

09/08/2020