CRTVG

Buscar

Vero Boquete fala para a TVG sobre a folga do fútbol feminino

Publicado o 20/11/2019 17:13

Falamos con Vero Boquete. A futbolista santiaguesa está pola casa aproveitando que rematou a liga norteamericana. A Vero quédalle unha temporada máis de contrato cos Utah Royal. A compostelá pronunciouse sobre a folga do fútbol feminino.

"Estou contenta de que haxa polo menos un principio de acordo e de que todo chegue a bo porto. A medida de non xogar, desa folga, é a máis drástica pero é a que as xogadoras tiñan para facer máis presión, para tentar conseguir unha mellor situación", di Boquete.

Tamén lle preguntamos polo grande inicio de campaña que está a protagonizar o Deportivo Abanca.

"Ninguén pensaba que un equipo como o Dépor, que acaba de ascender, podería estar varias xornadas, bastantes, colíder e xa polo de agora, a cantidade de puntos que levan é moi moi bo e agora esperemos que poidan continuar unha liña tan positiva coma esa".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019