CRTVG

Buscar

Verín súmase ao grupo de concellos galegos con medidas restritivas

Publicado o 20/09/2020 14:32

Nos últimos días aumentaron moito os positivos e hai varios gromos, entre eles un de amigos e outro familiar que afecta cada un a unha decena de persoas.

O aumento paulatino de contaxios en Verín levou a Sanidade a incluir este concello no grupo de municipos galegos con restrincións. Dá boa conta do incremento de casos o número de ingresados no hospital comarcal. A principios deste mes non había ningún hospitalizado por covid−19, hoxe as cifras son semellantes ás de abril.

Verín é o último dos once concellos en Galicia que contan hoxe coa limitación dos espazos ao 50 por cento en todos os establecementos, a prohibición de servir na barra e de xuntarse máis de dez persoas.

Ademais redúcense os espazos en lugares de culto, celebracións e velorios. Estas medidas coas que se intenta frear o avance do coronavirus revisaranse nunha semana.