CRTVG

Buscar

Verín e Xinzo activan plans para loitar contra as agresións sexuais durante o Entroido

Publicado o 10/02/2020 21:28

En concellos como Xinzo ou Verín traballan para evitar agresións sexuais durante o Entroido, cando se multiplican por catro as súas poboacións. Vano facer instaladno cámaras de videovixilancia, ademais de puntos de asesoramento e prevención aos que se pode acudir.

É a localización que terán os sete puntos violeta que se habilitarán durante este Entroido en Xinzo. Nestes lugares ofrecerasre asesoramento e axuda ás posibles vítimas dunha agresión sexual. Completando o seu labor durante os catro días fortes da festa, haberá unidades de prevención formadas por profesionais especializados neste tipo de delitos.

O obxectivo é que todas as mulleres que acudan a gozar do entroido limiao se sintan seguras.
Ademais, instalarase un posto de mando avanzado, con cámara de vixilancia, da Axencia Galega de Emerxencias o sábado, que é o día de máis afluencia de xente.

Esta medida tamén se adoptará o xoves de comadres en Verín, onde tamén se reforzará a seguridade para evitar as agresións sexuais durante o entroido.

Noticias web

10/02/2020