Venres Santo, día grande da Semana Santa en Ferrol coa procesión do Santo Encontro
Publicado o 19/04/2019 16:36
• En Viveiro non puido saír a procesión por mor da chuvia
Ninguén en Ferrol quería perder a saída dos catro pasos que participan na procesión do Santo Encontro. Os portadores bailan as imaxes ao son da música acompañados tamén de fortes aplausos.
Esta é unha das procesións máis multitudinarias da Semana Santa de Ferrol. Confrades, portadores e unha de ferroláns e turistas enchen as rúas da cidade.
O Santo Encontro acadou o seu punto álxido co encontro de Xesús co San Xoán, a súa Nai e maila Verónica na praza de Amboaxe.
Entre as das catro e media e as once e media da noite celebraranse outras catro procesións en Ferrol, entre elas, a do Santo Enterro, a da Soidade e a dosCaladiños será a encargada de pechar esta xornada.
Máis sobre actualidade
02/03/2021 21:26
02/03/2021 21:14