CRTVG

Buscar

Venezuela sobe o prezo da gasolina e abre a súa venda en dólares

Publicado o 31/05/2020 12:24

Os venezolanos perderon este sábado o privilexio de dicir que a súa gasolina é a máis barata do mundo, despois de que o goberno de Nicolás Maduro anunciara un sustancial aumento que deixará o prezo do carburante en 0,50 dólares por litro a partir do luns. En medio dunha severa escaseza, Venezuela recibiu gasolina de Irán comprada en dólares, polo que tamén se venderá nesta moeda.
A política de subsidios permitirá o reposte mensual de 120 litros por vehículo e só 60 litros aos motoristas ao prezo de 0,02 dólares por litro.

Noticias web

31/05/2020