CRTVG

Buscar

Venda de peixe a domicilio con medidas de seguridade estritas

Publicado o 20/03/2020 14:17

Da lonxa de Ribeira á porta da casa. María leva o peixe aos domicilios dos seus clientes desde hai moito tempo. Cando se activou o estado da alarma, tivo dúbidas, pero decidiu continuar.

Faino co mesmo agarimo de sempre, pero cunhas medidas de seguridade estritas. Máscara, luvas, gorra e desinfección de cartos.

Os clientes agradecen o seu servizo e o seu coidado. As circunstancias obrigan a manter a distancia física, pero María conserva a proximidade no trato tan importante, especialmente, nestes días de illamento.


 

Noticias web

20/03/2020