CRTVG

Buscar

Oito meses sen carné de conducir por circular a 237 quilómetros á hora

Publicado o 02/04/2019 14:35

Celebrouse no Xulgado de Instrución número 2 de Ourense o xuízo rápido contra dous condutores que circulaban a 246 e 237 quilómetros hora na autovía das Rías Baixas, en Allariz. Dun deles, deste último, acaba de coñecerse a sentenza, 8 meses sen carné de conducir.

Tráfico advirte de que conducindo a estas velocidades se pon seriamente en risco a súa vida pero tamén a dos condutores que si respectan os límites.

Foi no punto quilométrico 207 da A-52, en Allariz, sentido O Porriño onde estaba instalado o radar que interceptou nunha mesma tarde dous condutores a 246 e 237 Hoxe celebrouse no Xulgado de Instrución número 2 de Ourense o xuízo rápido. A Fiscalía pedía unha multa de 2.840 euros para cada un deles e a retirada do carné de conducir durante un ano.

Tráfico lembra que quen conduce a velocidades tan altas pon en perigo a súa vida, pero tamén a de condutores que si respectan os límites. 

Noticias web

02/04/2019