CRTVG

Buscar

Veciños dunha rúa de Lugo levan sen auga desde o sábado polo rebentón dunha tubaxe

Publicado o 18/11/2019 13:12

Unha avaría na rede de subministración deixou sen auga varios veciños da rúa Rei don García de Lugo. Foi diante do número 43 onde se rexistrou o problema, detectado o sábado ao serán. Hoxe os operarios traballaban no lugar.

Os residentes afectados quéixanse de que cando avisaron as autoridades procederon a cortarlles a subministración e que non foi ata hoxe cando comezaron a traballar na reparación da avaría.

Mentres tanto, os veciños teñen que recorrer á auga embotellada porque da billa non mana pinga ningunha. Teñen problemas para asearse e para cociñar.

Desde o Concello de Lugo informan de que a avaría consistiu no rebentón da tubaxe, que é de fibrocemento, e que houbo que agardar ata hoxe para poder reparalo con tódalas garantías de seguridade. Confían en rematar os traballos en breve.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019