CRTVG

Buscar

Veciños do barrio vigués de Churruca denuncian vandalismo na zona

Publicado o 06/03/2020 14:32

As pintadas forman xa parte do mobiliario urbano deste barrio de Vigo, coñecido como Churruca. Non se salvan as fachadas dos edificios emblemáticos, nin os cristais que cobren as escaleiras mecánicas, nin tampouco este parque infantil.

Porque para estes veciños, estas pintadas son sinónimo de vandalismo nunha zona, a zona da praza de Portugal, con bastante movemento nocturno que tamén se utiliza como lugar de botellón nas noites da fin de semana, provocando ruídos, estragos e moita sucidade.

A solución non parece fácil, xa que levan varios anos denunciando esta situación. E aínda que a presenza policial é notoria nesta zona, parece non ser suficiente. Os veciños piden cámaras de vixilancia.

O problema do vandalismo e das pintadas tamén se deixa notar nas arcas municipais dos vigueses. No primeiro semestre do ano pasado a concesionaria de servizo e mantemento de parques e xardíns gastou en danos 228.000 euros. Iso sen contar os gastos que supón para as comunidades destes edificios a continua limpeza das súas fachadas.

Noticias web

06/03/2020