CRTVG

Buscar

Veciños do barrio coruñés dos Mallos advirten do incremento da violencia na contorna

Publicado o 22/01/2021 14:55

Alarma entre os veciños do barrio coruñés dos Mallos por unha nova pelexa con barras de ferro. Denuncian ocupación dun baixo por un grupo de persoas que provocan continuos incidentes. 

Non é o primeiro incidente que teñen que presenciar os veciños da rúa Francisco Catoira, no barrio coruñés dos Mallos. Din que a ocupación deste baixo situado no número 42 da rúa vén provocando continuos incidentes na zona. Aseguran que viven con medo polo continuo ir e vir de persoas que frecuentan este punto. Nas últimas horas tiveron que dar aviso ás forzas de seguridade tras unha pelexa con barras de ferro.

Neste último caso, a pelexa non foi a máis. Non houbo feridos, aínda que si presenza policial na zona. Os veciños din que levan anos pedindo máis seguridade.

Os veciños aprecian un aumento do tráfico de drogas nesta zona que provoca máis inseguridade.

Noticias web

22/01/2021