CRTVG

Buscar

Veciños do barrio coruñés do Castrillón denuncian constantes cortes de luz

Publicado o 25/12/2019 14:09

Están fartos dos continuos cortes de luz. Así viven algúns veciños de varios inmobles de tres rúas do barrio coruñés do Castrillón desde hai case dous meses.

Técnicos de Naturgy achegáronse á zona para examinar o transformador e decidiron instalarlle un medidor avanzado para rexistrar as variacións na tensión do sistema eléctrico e descubrir así a posible causa deste problema que ten os veciños nun desacougo constante.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019