CRTVG

Buscar

Veciños de Vilagarcía denuncian o aumento de venda de droga durante o confinamento

Publicado o 05/05/2020 14:13

A venda de droga incrementouse neste estado de alarma o a lo menos iso é o que perciben e sofren os veciños desta rúa dos Duráns de Vilagracía. Aseguran que a afluencia de compradores a dúas vivendas ocupadas é constante tanto de día coma de noite.

Aseguran, ademais, que as pelexas entre os okupas de ambas vivendas son habituais.

Nos últimos meses incluso chegaron a roubar en negocios situados na mesma rúa.

Din vivir con inseguridade e malia que a policía acode sempre que os chaman demandan unha presenza máis constante para disuadir aos compradores.

Tras denunciar a situación e poñela en coñecemento do Concello, esperan que se tomen medidas para devolver a calma e seguirdade á zona.

Noticias web

05/05/2020