CRTVG

Buscar

Veciños de Vilagarcía denuncian falta de seguridade viaria na rotonda da rúa Pablo Picasso

Publicado o 10/01/2020 14:06

Os veciños da rúa vilagarciá Pablo Picasso veñen de presenciar un novo sinistro. Esta semana, un vehículo seguido pola Garda Civil de Tráfico circulaba pola variante portuaria da estrada N-640 en dirección ao porto de Vilagarcía. Ao chegar á altura da glorieta de Pablo Picasso, colidiu e, acto seguido, sobrevoou o lugar uns doce metros ata caer na área de aparcamento do supermercado da zona.

Por fortuna, o sinistro deixou unicamente danos materiais e o condutor só quedou ferido leve. Non obstante, os habitantes da zona alertan da perigosidade á que están constantemente expostos. Sinalan que, ademais de repetidos incidentes por exceso de velocidade, incluso se realizaron alí carreiras ilegales.

As denuncias por parte dos veciños son reiteradas, pero, polo de agora, parece que aínda non moi efectivas. Algúns ata temen deixar os seus vehículos nas prazas de aparcamento desta rúa, especialmente na fin de semana ou nos festivos. Segundo din, non é a primeira vez que os turismos que circulan coliden cos que están estacionados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020