CRTVG

Buscar

Veciños de Verín celebran un enterro simbólico do paridoiro do hospital

Publicado o 07/12/2019 19:24

Os veciños de Verín e da comarca de Monterrei completan unha semana de protestas contra a decisión do Sergas de pechar o seu paridoiro e as urxencias pediátricasVestidos de loito concentráronse na Praza Maior para escenificar o que consideran a morte do hospital comarcal.

Os verinenses tiraron da súa retranca entroideira para velar e enterrar o seu hospital con 25 anos. Unha multitudinaria comitiva de veciños e persoal sanitario acompañaron o féretro ata o hospital, onde ao berro de 'Verin non se pecha', reclamaron de novo a dimisión dos responsables desta decisión que, aseguran, supón o desmantelamento dos servizos sanitarios do hospital.

Había moita indignación entre os veciños convocados pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Monterrei, que din que van continuar coas protestas ata que rectifiquen. O luns van ter unha xuntanza para dedicir as accións reivindicativas para a vindeira semana.