CRTVG

Buscar

Veciños de Tui concéntranse no segundo aniversario da explosión de Paramos

Publicado o 07/06/2020 19:24
Veciños de Tui concéntranse no segundo aniversario da explosión de Paramos

Decenas de persoas concentráronse este domingo na zona cero de Paramos, en Tui, no segundo aniversario da explosión ocorrida nun almacén ilegal de material pirotécnico. O suceso aconteceu o 23 de maio de 2018 pero non se puido conmemorar debido ao estado de alarma.

Durante o acto lembráronse as dúas vítimas que morreron, unha parella de orixe marroquí, e depositouse un ramo de flores no carballo plantado polos veciños.