CRTVG

Buscar

Veciños de San Miguel de Oia piden máis presenza policial polos roubos nesta parroquia viguesa

Publicado o 19/02/2020 14:24

En só un mes, os veciños da parroquia de San Miguel de Oia foron vítimas de polo menos oito roubos. Todos foron asaltos a vivendas e co mesmo modus operandi. Nin as alarman intimidan os asaltantes que entran nas casas cando non hai ninguén no interior na procura de xoias e diñeiro.

Os veciños xa pediron máis presenza policial na zona e están a colaborar no que poden para dar cos delincuentes.

En San Miguel de Oia agardan que estas medidas poñan fin a unha vaga de roubos que mantén en alerta e moi preocupados os veciños.

Noticias web

19/02/2020