Veciños de Sada abren unha plataforma para axudar o comercio local
Publicado o 06/04/2020 14:30
'Voltaremos'. Así se chama esta páxina web á que calquera pode acceder e reservar xa aqueles produtos que pretenda obter ou consumir cando se levanten as restricións existentes na actualidade. Pretenden que sexa un balón de osíxeno para o comercio e a hostalaría nestes tempos duros.
Na web, os comercios adheridos propoñen distintas ofertas á eventual clientela, que só ten que escoller o bono que máis lles interese.
Roberto, Adrián e Sara son os tres sadenses creadores desta plataforma. Afirman que só buscan axudar, sen ánimo de lucro.
De momento xa se adheriron á idea case unha trintena de comercios. A maioría de Sada, pero tamén doutros lugares da contorna coruñesa, como Oleiros, Arteixo ou mesmo A Coruña capital.