CRTVG

Buscar

Veciños de Ponteareas protestan contra o proxecto de construción dunha planta de biomasa

Publicado o 26/09/2020 09:36

Cazarolada en Ponteareas contra a planta de biomasa. Durante quince minutos, na rúa ou desde os balcóns e ventás da casa, os veciños fixeron soar as súas cazarolas contra o proxecto da central de calor. Unha protesta convocada pola Asociación Ponteareas Saudable que se notou especialmente na zona que rodea o ámbito de actuación do proxecto. Os veciños insisten na contaminación que a planta suporía.

Noticias web

26/09/2020