CRTVG

Buscar

Veciños de Ourense están preocupados por un guindastre que leva 13 anos abandonado

Publicado o 23/05/2019 13:16

Veciños de Ourense piden que retiren un guindastre de 30 metros que leva 13 anos abandonado e oxidado nun soar do barrio da Follateira. Temen que calquera día caia sobre os edificios e casas que ten arredor e provoque unha desgraza. A construtora propietaria do guindastre asegura que non hai perigo ningún.

Este guindastre ten moi preocupados os veciños do barrio ourensán da Follateira

Dende a Asociación de veciños da Follateira xa presentaron reclamacións ao Concello de Ourense para que obrigue a construtora, dona do guindastre, a retiralo pero a solución, quéixanse, non chega.

Dende a empresa propietaria do guindastre deféndense dicindo que o guindastre non supón perigo ningún e engaden que o demostran as denuncias que lles presentaron, di a construtora, e que non foron adiante.

Noticias web

23/05/2019

Máis sobre Ourense