Veciños de Ourense, alertados polo forte cheiro a gas onde están traballar as máquinas para a estación intermodal
Publicado o 03/02/2020 10:34
Veciños do barrio da Ponte, en Ourense, espertaron esta mañá alertados polo forte cheiro a gas. No lugar traballan varias máquinas na construción da estación intermodal para as obras do AVE e parece que foron as que provocaron a rotura dunha tubaxe de gas cidade.
Ata o lugar acudiron os bombeiros para previr posibles explosións. Os técnicos cortaron o gas para intentar reparar a canalización e poder recuperar a subministración canto antes.