CRTVG

Buscar

Veciños de Oia levan sen teléfono dende antes do Nadal

Publicado o 07/01/2020 13:58

Veciños do barrio da Riña, no concello de Oia, levan sen teléfono dende hai vinte días. O último temporal do mes de decembro derrubou catro postes e o apagón continúa pese as queixas dos afectados.

Os técnicos achegáronse por alí pero aínda non arranxaron o problema. Os afectados están cansos de falar co servizo técnico e non lles dan unha solución. Ademais, os veciños non teñen Internet e o teléfoo fixo, a eles, dálles moito servizo.

Os afectados piden que retiren os postes do chan e que se restableza os servizo canto antes.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020