CRTVG

Buscar

Veciños de Nigrán denuncian malos cheiros e contaminación na desembocadura do Muíños en Praia América

Publicado o 30/08/2019 14:35

O tramo final do río Muíños, na súa desembocadura, está no areal da Praia América. Unha zona moi frecuentada na época estival. As súas augas, a pé de praia, son utilizadas como zona de baño entre os máis pequenos, ao mesmo tempo que os veciños denuncian a contaminación do seu leito.

Os veciños piden máis controis nesta zona por tratarse dun espazo dunar protexido para a flora e a fauna e máis carteis que prohiban o baño no seu tramo final.

Os carteis existen e prohiben o baño por tratarse dunha zona protexida no ámbito medioambiental. O Concello engade que quen o faga será baixo a súa responsabilidade, mentres que a Xunta xa detectou posibles verteduras.

Noticias web

30/08/2019