CRTVG

Buscar

Veciños de Chantada reclaman que se arranxen as estrada ca contorna do Pincelo

Publicado o 13/08/2019 11:41

Fochancas e maleza é o que poden atopar nas estradas da contorna de Pincelo, en Chantada. A deterioración destas calzadas causa malestar nos veciños da zona, que están cansos de que non se solucionen estes danos.

Este é o estado das estradas en Pincelo e arredores, na parroquia da Sariña, en Chantada. As fochancas e a herba son as causantes das queixas dos veciños, que din estar cansos de que ninguén solucione estes estragos. Non só os veciños protestan por esta situación, senón que tamén amosan desconformidade os turistas que se achegan a esta zona paisaxística con encanto, A Ribeira Sacra.

Este problema non é novo e os veciños xa levan anos loitando para que a situación nestas pequenas estradas mellore. O agravante disto é que tanta fochanca e tanta maleza nas cunetas fan que a circulación na zona sexa perigosa e se precise moita precaución á hora de coller calquera vehículo.

Mentres esperan solucións, os veciños deben seguir cos seus quefaceres diarios intentando que o malestar das estradas non dificulte a rutina, algo que se fai máis complicado co paso do tempo.

Noticias web

13/08/2019