CRTVG

Buscar

Veciños de Cangas denuncian o estado dunha rúa chea de fochancas

Publicado o 07/03/2019 14:05

Os condutores que transitan por esta rúa da Paz en Cangas vense na obriga de ir zafando as fochancas que atopan polo camiño para evitar danar os rodamentos. Iso en caso de coñecer a vía, porque os de fóra ou os que veñen por primeira vez ás veces non se decatan. A rúa é moi pequena, pero ten moito tránsito porque hai un colexio e unha escola infantil nas inmediacións.

Os afectados consideran que o esquecemento da rúa se debe a que malia estar no centro, está algo agochada xa que é unha rúa cega que só empregan os veciños e os que acoden aos centros escolares. Tampouco ten beirarrúas e hai tempo que este cúmulo de area permanece no lugar entrando ás veces area nas casas e baixos.

 

Noticias web

07/03/2019