CRTVG

Buscar

Veciños de Bueu espantan o coronavirus pendurando dos balcóns bruxas, demos e maios

Publicado o 05/05/2020 12:53

Os veciños de Bueu decidiron plantarlle cara ao coronavirus decorando as súas fiestras e balcóns con motivos de bruxas, demos e maios. Queren, deste xeito, espantalo definitivamente para volver pisar as rúas con traquilidade. G

orros e vasoiras de bruxas, recreacións de lume, tridentes ou morcegos presiden os edificios do centro da localidade. E por se aínda así non se amedrenta, nunha boa pota os veciños mesturaron os ingredientes dun conxuro, para acabar con este virus e mandalo directamente ao inferno.

Noticias web

05/05/2020